CEG

 

A patronal galega celebrará un Ciclo de Seminarios Web sobre Mobilidade Transfronteiriza ao longo deste mes

Mobilidade Transfronteiriza

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no marco das actividades desenvolvidas como socios da Rede EURES-Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, celebrará –ao longo deste mes de novembro-, un ciclo de Seminarios Web sobre Movilidad Transfronteiriza.

A actividade arrincará o próximo día 12 co seminario “Negociación colectiva e aplicación de convenios ás relacións laborais en Portugal”, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 11.30 horas, e que pretende dar a coñecer aos asistentes o funcionamento da negociación colectiva en Portugal, desde a perspectiva da empresa; ademais de abordar a importancia dos convenios colectivos na regulación das relacións laborais en Portugal e a forma en que estes se relacionan coas demais fontes de dereito laboral; de explicar as regras de aplicación dos convenios colectivos de traballo; e de expoñer as obrigacións de información adicional aos traballadores enviados a outro Estado membro da Unión Europea derivadas da Directiva 2019/1152.

Con “Cuestións crave e novidades en materia fiscal no ámbito da mobilidade laboral transfronteiriza España-Portugal” continuarase o ciclo o día 17 de novembro, entre as 10 e as 11.30 horas. Neste seminario, daranse a coñecer os aspectos fiscais clave a ter en conta no desprazamento de traballadores entre España e Portugal; as implicacións fiscais da obtención da residencia fiscal portuguesa;  as obrigacións fiscais en España e Portugal das entidades empregadoras e dos traballadores desprazados, así como eventuais réximes especiais ou beneficios fiscais que adoitan aplicarse nas devanditas situacións. Tamén se expoñerán as últimas novidades fiscais,  doctrinales e xurisprudenciais relevantes en materia de mobilidade laboral transfronteiriza e as implicacións fiscais que se poden producir con motivo da pandemia e a implantación do teletraballo.

O día 19 de novembro de 09.30 a 12.30 horas celebrarase o terceiro seminario do ciclo, que leva por título “Movilidad e servizos na Unión Europea”. No mesmo abordarase o novo marco que vén para o desprazamento de traballadores, tanto en xeral como as especificidades para as empresas e traballadores do transporte. Tamén se expoñerá o estado dos traballos e as liñas de acción que desde Bruxelas están a deseñar para dar resposta á transformación dixital que está a modificar notablemente a prestación de servizos e a súa repercusión na mobilidade física ou virtual tanto de empresas como de traballadores.

Por último, o día 25 deste mes, de 10.00 a 11.30 horas, pecharase o ciclo co seminario “Novidades en materia de teletraballo e igualdade en España e Portugal: particularidades transfronteirizas”. Nesta actividade serán analizados, desde unha perspectiva ibérica, os principais cambios que, en España e en Portugal, froito do contexto de pandemia e de importantes reformas lexislativas verificadas nos últimos anos, afectaron ás normas aplicables ao teletraballo e ás cuestións de igualdade e inclusión.

INSCRICIÓN

Os coloquios celebraranse a través da aplicación  ZOOM e serán gratuítos para os asistentes, grazas ao financiamento principal da Comisión Europea e da CEG. Para participar, será necesario inscribirse individualmente en cada un deles, podendo facerse na páxina do BLOGUE EURES CEG 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.