A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) confirma a unidade do sector mar industria diante do conflito entre ás administracións ao respecto da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia e insta a buscar unha solución.
Dende a Comisión Mar-Industria da CEG amosan que “o sector mar industria está unido e necesita unha norma clara que proporcione seguridade xurídica ás empresas”. Tamén recordan que “necesitan os avances que incorporaba a Lei de Ordenación do Litoral de Galicia”.
Propoñen que “a solución idónea pasa por esgotar ata o último alento a vía extraxudicial, nunha comisión bilateral entre o Goberno do Estado e o de Galicia: É imprescindible un entendemento que garanta as prestacións para que a nosa industria poida seguir traballando e operando, con seguridade xurídica, no espazo marítimo terrestre, incorporando as provisións coas que conta a lei”.
Para a Comisión Mar-Industria da CEG ditas provisións “son vitais para manter e mellorar, se cabe, a súa actividade de cara ao futuro”.
“Dende a CEG e dende esta comisión específica do sector seguiremos, en todo caso, mantendo aberto o diálogo e a actividade para promover una solución positiva para un sector tan importante en Galicia, como é o industrial e marítimo. Instamos ao Goberno central que poña todo da súa parte para acadar una solución rápida neste eido”, rematan.