CEG

 

A Comisión Mar Industria da CEG alerta sobre a diminución da produción e do consumo poñendo en risco a todo o sector en Galicia

A Comisión Mar Industria da CEG alerta sobre a diminución da produción e do consumo poñendo en risco a todo o sector en Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) advirte que o sector mar-industria galego atravesa actualmente unha situación moi difícil debido a varios factores como a caída na produción de moluscos e o impacto que isto ten na cadea mar industria, o descenso de consumo de produtos do mar e as tensións económicas.

Logo da última reunión da Comisión Mar Industria da CEG, sinalan que "as circunstancias dos últimos meses, como a baixa salinidade, provocaron un descenso interanual de máis dun 60 % entre as especies máis representativas, afectando significativamente ao sector marisqueiro e mexilloeiro, sendo preto do 100% nalgunhas especies e zonas de produción. Esta caída é preocupante e reflicte a complicada situación do sector. Así mesmo, a baixada do consumo e as condicións económicas, engadiron máis tensión á situación precedente".

Engaden que "estas condicións incrementaron os custos operativos e reduciron a demanda de produtos do mar. As fluctuaciones na produción e a demanda afectan non só á economía local, senón tamén ás comunidades que dependen deste sector. A caída na produción de bivalvos ten un gran impacto nos centros de depuración especializados en especies galegas e nas empresas de procesado e transformación".

Adicionalmente, sinalan que o conxunto do sector "está a sufrir a baixada en vendas do consumo dos produtos da pesca, como se constata en informes de referencia publicados recentemente, nos que apuntan a caídas do 25-30% no período 2023 ao 2024 e do 7% extra no primeiro trimestre de 2024".

A Comisión apuntou a necesidade dunha campaña global para os produtos da pesca que sirva de exemplo, como outras que a Administración liderou con notable éxito no pasado. Así mesmo, cuéstionase "por que o peixe non se considerou como alimento básico, quedando excluído da redución do IVE, cando ademais constitúe a base dunha alimentación saudable".

Advirten que, dentro do sector extractivo en Galicia, os principais problemas son que "a produción de moluscos, especialmente de bivalvos, diminuíu notablemente". Esta redución débese a varios factores, entre outros, os cambios nas condicións ambientais (salinidade, temperatura...). 

"A problemática indicada vese agravada polas deficiencias estruturais que presenta o sistema de xestión e extracción de bivalvos nas rías, o que fai necesario analizar e definir un plan que contribúa á consecución dun sistema de xestión eficiente dos parques que incentive a actividade e preserve a condición de Galicia como rexión por excelencia de produto de calidade", explican. 

Para abordar o descenso da produción, a Comisión Mar Industria considera prioritario e urxente analizar e estudar con rigor as causas que conduciron a esta situación e así están a planificar reunións na que se conte con expertos da academia e do sector.  

Así mesmo, tamén se solicitarán reunións con representantes das diferentes administracións competentes, para trasladarlle as preocupacións e necesidades do sector, entre outras, "liñas de axuda e apoio que palíen a crítica situación que puxo en risco a propia supervivencia de numerosas empresas e pedir unha comunicación máis fluída respecto dos estudos e análises que leven a cabo". 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.