CEG

 

A CEG pide ao Goberno que reconsidere a decisión de ubicar en Martorell a primeira fábrica de baterías para vehículos eléctricos de España

Coche eléctrico

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) solicita ao Executivo que reconsidere a decisión de situar en Martorell (Barcelona) a primeira fábrica de baterías para vehículos eléctricos de España permitindo a todas as CCAA competir en igualdade de condicións por este proxecto.

Para a patronal galega esta actuación supón un cambio das regras do xogo inasumible, xa que por unha banda comprometeuse un proxecto antes da propia convocatoria de axudas do programa  Next  Generation e por outro sen estar fixados aínda os criterios para definilos.

Así as cousas, a CEG lembra que unha das áreas máis competitivas de Europa no sector da automoción está en Vigo, que alberga a fábrica de automoción máis produtiva de España e que xa monta coches eléctricos. Neste sentido, a través da fábrica PSA-Vigo e os seus compoñentes, Galicia tería unha candidatura moi solvente para optar a un proxecto destas características.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.