CEG

 

A CEG pide á Consellería de Presidencia continuar fortalecendo o desenvolvemento da eurorrexión e garantir infraestruturas transfronteirizas que melloren a conectividad loxística e comercial

A CEG pide á Consellería de Presidencia continuar fortalecendo o desenvolvemento da eurorrexión e garantir infraestruturas transfronteirizas que melloren a conectividad loxística e comercial

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reuniuse co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, levou a Consellería de Presidencia diferentes propostas e preocupacións do empresariado, especialmente en materia de administración local, relacións exteriores e coa UE e mobilidade. 

"Facilitar a actividade empresarial e a creación dunha contorna atractiva para o asentamento de iniciativas de negocio que xeren emprego e riqueza en Galicia, pasa, entre outros aspectos, por mellorar a coordinación e a colaboración entre as distintas administracións", subliñou Vieites. Por iso, advirte que "é necesario facer unha revisión profunda da carga burocrática necesaria para a posta en marcha dun negocio, así como para a axilización de licenzas e autorizacións. Unha mellor interlocución entre as distintas administracións competentes facilitaría a axilización, a eliminación de duplicidades, a redución de prazos e podería contribuír a un maior dinamismo empresarial".

Así mesmo, no ámbito da contratación pública piden eliminar a imposibilidade de realizar unha revisión de prezos ou polo menos permitir a revisión dos mesmos diante de cambios normativos, acordos de negociación colectiva ou circunstancias que non puidesen preverse no momento da licitación que impliquen incrementos de custos laborais, "como non se previron nas licitacións os incrementos salariais derivados da negociación colectiva e do SMI, e os correspondentes ás cotizacións sociais", lembran.

Por último, engaden que "é clave que as administracións públicas axusten os seus prazos de pago á normativa vixente, evitando atrasos e prácticas que dilaten o inicio do prazo de pago. Unha de cada catro crebas empresariais, débese ao atraso nos pagos".

No ámbito internacional, desde a Confederación de Empresarios de Galicia expoñen á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, entre outras: 

  • Promover a participación do tecido empresarial galego no deseño dos plans e estratexias definidas no marco da acción exterior e da Unión Europea da Xunta de Galicia "co fin de poder así asegurar que as prioridades das nosas empresas sexan recollidas".
  • Fomentar en Galicia a creación de alianzas público privadas para o desenvolvemento que permitan contribuír ao desenvolvemento sustentable en terceiros países e ao fortalecemento da presenza internacional das nosas empresas.
  • Reforzar os vínculos xa existentes principalmente con países iberoamericanos e lusófonos fomentando a creación de alianzas empresariais que melloren o posicionamento e a internacionalización das nosas empresas.
  • Continuar fortalecendo a cohesión territorial e o desenvolvemento da eurorrexión Galicia e norte de Portugal fortalecendo sinerxías en sectores estratéxicos e garantindo o desenvolvemento de infraestruturas transfronteirizas eficientes e sustentables que melloren a conectividad loxística e comercial. 

"Os compromisos acordados nos cumes hispano-lusas deben ser cumpridos, en especial o Corredor Atlántico e é prioritario impulsar a liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto, como un factor fundamental para mellorar o seu desenvolvemento", subliña. 

  • Consolidar a eurorrexión como un espazo único no que a libre circulación e os dereitos vinculados a ela sexan unha realidade. 

Incide en que "é fundamental reforzar esforzos para detectar e eliminar os obstáculos que o impiden. Impulsar a elaboración dun "Estatuto do traballador transfronteirizo" é determinante, pois supón unha ferramenta indispensable para crear unha base sólida sobre a que harmonizar os dereitos e obrigacións derivados da mobilidade laboral e empresarial transfronteiriza".

  • Impulsar a colaboración público-privada para deseñar estratexias específicas que permitan fomentar a internacionalización das pemes galegas, incluíndo a apertura de novos mercados e o fortalecemento das relacións comerciais con rexións crave dentro e fóra de Europa.
  • Mellorar as canles de comunicación existentes entre a Xunta e a CEG co obxectivo de permitir que as nosas empresas coñezan os cambios normativos, así como as oportunidades derivadas das políticas europeas que lles afectarán.

Por último, comentaron sobre a necesidade de pór en marcha os apoios necesarios para facilitar a mobilidade das persoas traballadoras. "Este aspecto ten un efecto directo na capacidade para atraer talento ás empresas, dado que incide en aspectos tan relevantes como a conciliación da vida persoal e familiar das persoas traballadoras", incide Vieites.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.