CEG

 

A CEG participa no Foro "As pensións que veñen"

Pensións

O asesor da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Maceira, participou hoxe no Foro "As pensións que veñen", organizado por La Voz de Galicia, La Voz de Asturias, Sabadell Gallego e Sabadell Pensións, xunto con outros expertos.

España será o país máis envellecido de Europa no 2050 e o actual sistema de pensións require reformas urxentes para poder ser sostible. Catro especialistas na materia procedentes de distintas organizacións analizan de onde vimos e cara a onde debemos ir.

Pola súa banda, José Manuel Maceira, que reflexionou desde o punto de vista empresarial, apuntou que o que está claro é que a revisión do sistema pasa por solucións que non impliquen un aumento dos custos laborais das empresas, debendo actuar sobre os gastos,  máxime nun contexto de pandemia.

Para a patronal galega, está claro que hai que alixeirar a carga para que as pemes poidan sobrevivir primeiro e máis tarde, con estímulos, volver xerar riqueza e emprego. Por iso a  redución dos incentivos fiscais aos plans de pensións individuais no 2021 é un erro porque penaliza aos aforros de quen fixera unha estratexia a longo prazo.

O experto da CEG sinalou ademais que moitos profesionais e empresas non son capaces de ser regulares nas achegas, así que os límites anuais poden ser excesivos nalgúns exercicios e ser verdadeiramente baixos para outros.

Podes visualizar o foro completo na seguinte ligazón.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.