CEG

 

A CEG e o IGAPE poñen en funcionamento un Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais

Licitacións Internacionais

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presentaron esta mañá na sede da organización empresarial galega un Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais, froito do convenio asinado entre ambas as para a súa creación o pasado 26 de abril e enmarcado na estratexia para a internacionalización das empresas galegas 2021-2025.

O proxecto presentado ha permitido o desenvolvemento e xestión do portal virtual “SALT” (ao que se pode acceder a través da páxina web da ceg www.ceg.es ou directamente a través de https://salt.ceg.es), que facilita ao empresariado galego o acceso a información cualitativa sobre a apertura de concursos públicos de carácter internacional e que inclúe un servizo de procura de licitacións de organismos multilaterais; un resumo do proceso de licitación e ligazón ao portal de publicación; un servizo de solicitude de alertas personalizadas e de asesoramento especializado; información sobre o compliance como factor de competitividade e posicionamento do tecido produtivo galego nos procesos de internacionalización; e información sobre os servizos especializados do IGAPE.

Ademais, o centro inclúe un servizo de información e asesoramento sobre ao acceso e participación en licitacións internacionais, no cal un equipo técnico realizará unha avaliación previa da capacidade licitadora de cada unha das empresas que queiran recibir o servizo e a partir da cal se deseñará unha estratexia de apoio individualizado que axude ás compañías para evolucionar desde a etapa máis básica ata o momento de participar nunha licitación e concorrer con posibilidades de éxito. Igualmente, desde o mesmo levarán a cabo acciones de información e difusión sobre licitacións internacionais como vía de internacionalización da empresa galega.

Este servizo xa fora promovido no pasado pola Xunta de Galicia en colaboración coa organización empresarial galega cun alto grao de éxito, que lles permitiu ás compañías galegas acceder a contratos internacionais de especial relevancia superando os 100 millóns de euros.

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.