CEG

 

A CEG dará o seu apoio a Garamendi na súa reelección como presidente de CEOE

Apoio a Antonio Garamendi

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostra o seu respaldo unánime á candidatura de Antonio Garamendi para presidir novamente a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), co fin de que continúe liderando a organización na nova etapa que se abrirá a partir da próxima Asemblea Electoral o 23 de novembro no impulso do desenvolvemento, a competitividade e o crecemento das empresas españolas.

A organización empresarial galega recoñece o inestimable valor do labor de Garamendi para defender e representar os intereses empresariais nunha complicada conxuntura económica e empresarial de crise provocada pola pandemia e as súas restricións, a escaseza de subministracións e compoñentes, a escalada de prezos da enerxía e das materias primas, ou a incerteza xerada polo complexo escenario internacional, entre outros factores; e a gran capacidade de diálogo que demostrou desde que preside CEOE, trazos ambos que o converten no mellor candidato a renovar no cargo.

Ademais, para a CEG é crucial a importancia de manter e reforzar a unidade e forza da representación empresarial para afrontar os desafíos actuais das compañías, o mercado laboral e o conxunto da economía nacional.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.