CEG

A CEG celebra xunto con AENOR e o Instituto de Gobernanza Empresarial, a xornada "A gobernanza e o bo goberno como estratexia para a competitividade"

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou, en colaboración con AENOR e o Instituto de Gobernanza Empresarial, a xornada "A gobernanza e o bo goberno como estratexia para a competitividade", a cuarta das actividades enmarcadas no programa "Transformación sustentable: ciclo de xornadas para empresas competitivas", no marco da Enterprise Europe Network, rede europea á que pertence como socia do consorcio EEN Galactea Plus.

Este encontro pretende proporcionar un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre a importancia da gobernanza e o bo goberno nas empresas, destacando como estas prácticas poden converterse nunha vantaxe competitiva e contribuír ao éxito e sustentabilidade a longo prazo das mesmas.  

"Un modelo de xestión baseado en principios de transparencia, ética e control eficaz non só mellora a reputación corporativa, senón que tamén fortalece a confianza dos diferentes grupos de interese. É crucial para calquera tipo de empresa, xa que xera confianza, profesionaliza a xestión, ofrece unha vantaxe competitiva, asegura a sostibilidade e equilibra intereses diversos. Implementar esta prácticas mellora a transparencia, facilita o acceso a financiamiento e fortalece a imaxe pública da empresa, asegurando o seu crecemento e adaptación a cambios da contorna", sinalan desde a CEG.

Esta xornada, enmarcada dentro do ciclo de sostibilidade da CEG, ofreceu unha visión práctica sobre como o bo goberno impacta na competitividade empresarial. A través de relatorios e casos reais, abordáronse os retos e beneficios de adoptar estruturas de gobernanza eficientes. 

A directora xeral do Instituto de Gobernanza Empresarial, Eva Turanzo, destacou a importancia de visibilizar o compromiso das empresas e o avance no bo goberno, "máis aló da obrigatoriedade", como unha das pancas para facer as organizacións máis atractivas para clientes, investidores e para todos os grupos de interese.

"A gobernanza está baseada no equilibrio de poderes de maneira que se compatibilicen os intereses da propiedade, da dirección executiva e do órgano de goberno. Unha boa gobernanza é atractiva para obter financiamento, talento, investimentos e revalorizar as accións de calquera compañía, independentemente do seu tamaño", afirma Turanzo.

A mesa redonda iniciada a continuación, permitiu coñecer a experiencia de diferentes organizacións e empresas que avanzaron na implantación de prácticas de bo goberno. Coincidiron en que independentemente do tamaño e tipo de organización, é imprescindible adoptar unha cultura empresarial que vaia máis aló do cumprimento das obrigacións legais e actuar desde a ética. O "bo facer" é fundamental para reforzar a confianza, ser sustentables, incrementar o valor reputacional e atraer talento, un dos grandes retos do noso tecido produtivo.

A manager de ESG, Compliance e Bo Goberno de AENOR, Mayrata Conesa, puxo de manifesto que a necesidade de xerar confianza é un punto de partida común a todo o sector empresarial. Neste sentido, "a certificación en bo goberno contribúe a mellorar a captación de fondos, o financiamento bancario, a sucesión da empresa familiar e a profesionalización ou mesmo a implantación de novas estratexias".

Durante o evento, tamén se presentou a certificación en bo goberno e gobernanza como unha ferramenta que axuda ás empresas a estruturar e demostrar o seu compromiso con estas boas prácticas, facilitando o seu recoñecemento no mercado e fortalecendo a súa imaxe corporativa.

Entre os participantes destacan a directora xeral do Instituto de Gobernanza Empresarial, Eva Turanzo; a directora Área Corporativa EiDF Solar, María José Herbón; o director territorial de Ence Galicia, Antonio Casal; a responsable de Xestión Social do Grupo Aira, María Isabel Barreiro; e a manager de ESG, Compliance e Bo Goberno de AENOR, Mayrata Conesa.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.