CEG

 

A CEG celebra a xornada: "Información corporativa de sostibilidade: incentivos para adoptar medidas ASG na peme"

A CEG celebra a xornada: "Información corporativa de sostibilidade: incentivos para adoptar medidas ASG na peme"
A CEG celebra a xornada: "Información corporativa de sostibilidade: incentivos para adoptar medidas ASG na peme"

A directiva relativa á presentación de información sobre sostibilidade por parte das empresas establece novos requisitos en materia de presentación de información sobre sostibilidade que inicialmente as grandes empresas e as pemes cotizadas terán que publicar de forma periódica. 

O cumprimento da CSRD introducirase gradualmente entre 2024 e 2029, polo que é importante que as empresas que non estean obrigadas a curto prazo comecen a prepararse e incorporen un sistema de información para recompilar e tratar os datos sobre sostibilidade, ademais de establecer procesos de presentación de información periódicos. 

Para iso, organizamos esta xornada co fin de coñecer os beneficios e facilitar información ás empresas para unha correcta adaptación a esta normativa. Unha actividade enmarcada nos servizos que prestamos como membros da Enterprise Europe Network.

Durante a xornada, presentada polo secretario xeral adxunto da CEG, Jose Manuel Maceira, interviñeron o vicepresidente da Asociación Profesional de Empresas Medio Ambientais (APROEMA), Santiago Cristín, especialista en Dereito Ambiental e experto en xestión de residuos; o responsable de Desenvolvemento de Negocio e Economía Circular en ICSEM, Afasto Calatayud, experto en sustentabilidade, economía circular e xestión de proxectos; e o subdirector de Competitividade Empresarial do IGAPE, Eladio Otero.

Durante a xornada explicouse que a Directiva (UE) 2022/2464 (CSRD) xorde coa intención de mellorar a información en materia de sustentabilidade presentada polas empresas. 

Desde a CEG sinalan que "as pemes están sometidas a retos de maneira constante que requiren de adaptación en materia normativa e isto inclúe tamén o ámbito da sustentabilidade. Un aspecto positivo de ser das primeiras pemes en familiarizarse cos criterios ASG é que poderán dar cumprimento aos requirimentos, pero tamén adquirir un posicionamento de liderado respecto doutras". 

Por que debe unha peme traballar en mellorar criterios de ASG? Porque isto facilitaralle traballar na cadea de valor dunha gran empresa, que si precisa xa reportar datos sobre os seus provedores en materia ASG.

O tres relatores coinciden en que é recomendable que as pemes comecen por establecer sistemas de información para a recompilación de datos como base da súa estratexia de sustentabilidade.

O IGAPE ten aberta até o 15 de setembro unha convocatoria IG288 - AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS PARA O AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS AMBIENTAIS, SOCIAIS E DE GOBERNANZA (ASG) NAS PEMES 2024 (IG300F) para incentivar que as pemes adopten criterios ASG. Poden solicitala autónomos e pemes que teñan actividade económica. E o prazo de execución das axudas é de 9 meses tras a resolución.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.