A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), xunto coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), e da presidenta do Consello Galego de Cámaras organizaron unha recepción cunha delegación de empresas de Cuba (misión inversa), encabezada polo presidente da Cámara de Comercio cubana.
As relacións entre Galicia e Cuba foron historicamente significativas, con lazos que se remontan á época colonial. Só no Século XX estímase que ao redor de 400.000 galegos emigraron a Cuba (a metade dos españois que emprenderon dita aventura).
Galicia e Cuba mantiveron vínculos comerciais, especialmente en sectores como a pesca, a construción naval e a exportación de produtos agrícolas e téxtiles. Estas relacións foron influenciadas pola diáspora galega en Cuba, que contribuíu ao intercambio cultural e económico (neste caso pouco relevantes en termos económicos), entre ambas as dúas rexións.
Por iso, esta misión comercial adquire relevante interese para a CEG, "para aproveitar os lazos e fortalecer as relacións comerciais entre Galicia e Cuba. Para iso, pódense explorar diversas oportunidades en sectores como o turismo, a agricultura, a enerxía renovable e a biotecnoloxía. As empresas galegas poden aproveitar a súa experiencia e coñecemento nestes campos para establecer asociacións e colaboracións con empresas cubanas".
O presidente da CEG, asegura que "é por iso, que desde as confederacións de empresarios promovemos estes encontros e traballamos na máis estreita colaboración con todos os organismos e empresas de interese, para poder continuar esta senda histórica".
De feito, os datos da Secretaría de Estado de Comercio mostran que a illa é un mercado case residual para as empresas galegas, xa que dos máis de 30.000 millóns de euros aos que ascenderon as exportacións galegas o ano pasado, menos de 34,2 millóns tiveron como destino Cuba, o que se traduce no 0,1 % das vendas exteriores totais en 2023.
Pola súa banda, Galicia importou desde Cuba produtos por valor de 3,7 millóns de euros. Os números confirman que a nosa balanza comercial coa illa ten superávit, igual que no caso do conxunto de España.
Galicia foi a sétima comunidade autónoma que máis produtos vendeu a Cuba o ano pasado, aglutinando preto do 4 % do total das exportacións españolas, e tamén a sétima comunidade cun maior incremento ese mesmo ano. Bens de equipo, automóbil e alimentación son os sectores que máis demanda Cuba de Galicia. En 2023, á marxe dos produtos industriais e tecnolóxicos, os produtos agroalimentarios galegos con máis demanda en Cuba foron graxas e aceites (50%), produtos lácteos (22%), produtos pesqueiros (7%) e produtos cárnicos (7%).
Á inversa, as importacións galegas procedentes de Cuba concentran principalmente produtos de alimentación (incluíndo tabaco e bebidas, como o ron) e materias primas.
Con respecto ás empresas que estiveron de visita na CEG e que están de misión en España, inclúense os sectores automotriz; o de importación, exportación e comercialización almacenista de materias primas como madeiras aserradas e os seus derivados, vidros, ferraxaría, bebidas alcohólicas. Un grupo especializado no comercio internacional. Unha empresa produtora de sal. Empresas de informática, comunicación e deseño. De pastas frescas, panadaría e repostaría e demais servizos gastronómicos. Unha empresa especializada na cadea de frio e distribuidora de produtos cárnicos, peixes, mariscos crustáceos, lácteos e os seus derivados, embutidos afumados, ademais de grans, legumes, vexetais, froitas, viandas, meles, condimentos e fariñas. Ademais da Cámara de Comercio de Cuba. Que finalmente son os sectores cos que hai intercambios comerciais entre ambas as rexións.
Na recepción participaron Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); Jaime López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) E presidente dá Cámara de Lugo; María Pais Fajín, presidenta do Consello Galego de Cámaras; Antonio Luís Carricarte, presidente da Cámara de Comercio de Cuba.
Por parte da delegación cubana asistiron: Rubén Ernesto Carbonel, director loxístico de GECOMEX; Marisabel García, especialista Comex - TRANSIMPORT; Rocío del Carmen Olascoaga, CINESOFT; Yoel, Portuondo, director ENSAL; Mirta Cristina Rippes, Cámara de Comercio de Cuba; Luis Rodríguez, presidente Consejo Administrativo GAMBINA SURL; Maruchy Vázquez, especialista Comex - MARPRINTER; René Capote, consejero comercial Embajada de Cuba; Ivette Cartelle, Embajada de Cuba; Donato Lázaro Donato, aministrador único de DONATO URL; Alain José Peña, jefe comercialización PYXEL SOLUTIONS; Ruslan Peña, director general DELICIAS SERRANAS SURL.
Por la parte empresarial gallega estuvieron presentes: AIRA Cooperativa agroalimentaria, representada por Diego Sánchez; INDUSTRIAS GUERRA Diseño y fabricación de grúas, representada por Brais Alonso; y ASM informática Software, representada por Emilio Rodríguez.