As distintas Comisións internas da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), xunto cos diferentes departamentos e servizos da Confederación, encárganse do estudo e debate dos asuntos sectoriais e de política económica e laboral. Os seus criterios e análises son sometidos aos órganos rectores da Confederación e serven de base para a actuación da CEG. Ademais, a través das Comisións establécese a comunicación coa Administración e con diferentes organismos e entidades no relativo ás actividades e políticas que lles son propias.
Nº de comisións: 8
Composición: Cada comisión está conformada por un Presidente e os seus vogais designados a proposta das organizacións que forman parte da CEG. Así mesmo, están apoiadas técnicamente polo persoal da Confederación, que poderán realizar os labores da Secretaría de reunión (convocatorias, actas..etc.).
COMISIÓN DE INTERNACIONALIZACIÓN
Obxectivos: Os principais cometidos da Comisión consisten en facer seguimento da política de apoio á internacionalización das empresas, así como da Política Comercial da UE con terceiros países e en propor iniciativas que fomenten a presenza das empresas de Galicia nos mercados exteriores.
Constitúe tamén un órgano de información e órgano de consenso e posicionamento sobre as diversas actividades e iniciativas da Unión Europea.
COMISIÓN DE COMPETITIVIDADE DA EMPRESA GALEGA E FONDOS DA UNIÓN EUROPEA
Obxectivos: Seguimento da situación económica e financeira, con particular atención á economía galega e as súas previsións. Análise e perspectivas dos principais sectores de actividade da Comunidade Autónoma. Inquedanzas e obstáculos para desenvolver a súa actividade. Valoración de medidas económicas.
Elaborar e presentar propostas de mellora do marco tributario. Estudar as iniciativas que afecten ao sistema fiscal e moi especialmente á fiscalidade empresarial e establecer a posición da CEG respecto das mesmas.
Promover medidas para asegurar o correcto cumprimento das normas e principios que regulan o mercado interior.
Analizar os problemas que trasladen á CEG as organizacións empresariais membro e empresas asociadas, e propor a súa solución. Elaborar propostas para a defensa dos intereses das empresas na normativa de ámbito rexional, estatal e da Unión Europea.
COMISIÓN DE INFRAESTRUTURAS
Obxectivos: Establecer a estratexia da CEG con respecto ás principais infraestruturas (terrestres, marítimas, aéreas) e modos de transporte para o desenvolvemento da actividade empresarial.
Analizar a posición das organizacións empresariais e empresas directa e indirectamente vencelladas coas insfraestruturas e o urbanismo. Analizar a situación das actividades das empresas nos sectores de Concesións de Infraestruturas e Servizos, aportando propostas para incrementar a súa competitividade e a eficiencia dos Servizos Públicos.
COMISIÓN DE EMPRENDEMENTO
Obxectivos: Promover unha maior cultura empresarial e do emprendemento en todos os ámbitos da sociedade, con especial énfase no sistema educativo e entre os xoves.
Defender o papel da empresa como motor de crecemento económico e creación de emprego.
Impulsar proxectos e iniciativas de creación de empresas.
Evaluar as políticas e medidas sobre emprendemento e propor a súa mellora.
COMISIÓN DE DIXITALIZACIÓN, INNOVACIÓN E ECONOMÍA VERDE
Obxectivos: A Comisión analiza a situación da Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación en Galicia en relación co marco estatal e europeo, aportando propostas para a mellora do sistema de ciencia, tecnoloxía e empresa. Ademais, a través desta Comisión, mantense a interlocución coa Administración e con diferentes organismos e entidades no relativo ás actividades e políticas de I+D+i.
Analizar as políticas e programas que incidan sobre a competitividade do noso tecido empresarial, así como iniciativas en calquer outra materia que afecten de forma directa ao funcionamento das empresas. É fundamental integrar a competitividade industrial en todos os ámbitos de actuación tanto a nivel nacional como europeo, especialmente en temas como son a regulación marco, a enerxía, o medioambiente, a formación, a internacionalización, o financiamento e a innovación. Promover que as iniciativas lexislativas en materia de medio ambiente non supoñan unha barreira para lograr un sector industrial máis competitivo.
Deseñar iniciativas e proxectos para a mellora do tecido produtivo. Promover a dixitalización da economía e da sociedade en xeral, como factor determinante da competitividade e o crecemento. Evaluar o marco legal e as condicións máis favorables para o desenvolvemento da economía dixital.
COMISIÓN DE RELACIÓNS LABORAIS, FORMACIÓN E EMPREGO
Obxectivos: Debatir, analizar e realizar propostas aos Órganos de Goberno de cantas cuestións, plans e propostas resulten de interese no ámbito autonómico, para as organizacións empresariais e empresas asociadas en materia de negociación colectiva, solución autónoma de conflitos laborais, relacións laborais, emprego, inmigración, asuntos sociais, Seguridade Social, Prevención de Riscos Laborais, Mutuas, igualdade, envellecemento activo etc., fundamentalmente coa fin de configurar a posición empresarial a defender ante as Administracións competentes e no diálogo social bipartito e tripartito a participación institucional e noutros ámbitos.
Establecer o posicionamento da CEG sobre os diferentes elementos do sistema educativo e de formación de interese para as organizacións empresariais. Fomentar o intercambio de experiencias de boas prácticas na xestión do coñecemento no ámbito empresarial.
Consensuar o posicionamento empresarial no que se refire ás iniciativas e propostas no ámbito da Responsabilidade Social Empresarial (RSE).
COMISIÓN DE ENERXÍA
Obxectivos: Analizar a situación das empresas de Galicia en relación co escenario enerxético e identificar medidas e propostas que a Confederación de Empresarios de Galicia poida reivindicar ante as diferentes administracións para afrontalo.
Estudar medidas e estratexias de futuro para avanzar na necesaria transición enerxética, pero sen comprometer a viabilidade e competitividade do noso tecido produtivo durante o proceso.
Avaliar as potencialidades de Galicia e o papel para xogar no mapa enerxético nacional e europeo identificando proxectos e investimentos a desenvolver en Galicia para a transición enerxética, proxectos de I+D+i vinculados ao sector enerxético e proxectos industriais no ámbito da enerxía.
COMISIÓN MAR-INDUSTRIA
Obxectivos: Coñecer de primeira man e analizar os problemas do sector Mar-Industria, un ámbito de gran impacto para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia e que nos últimos tempos é destinatario de numerosas decisións a nivel autonómico, estatal e europeo.
Defender os intereses das organizacións empresariais e empresas asociadas ante as administracións pertinentes, para o que se elaborar e presentar documentos que recollan as peticións e propostas do sector trasladando a situación singular polo peso que ten no noso tecido empresarial.
Promover que as decisións das distintas administracións aseguren a existencia dun marco xurídico ordenado e estable que dea cabida e permita compatibilizar as diferentes actividades económicas que afectan o sector Mar-Industria.