gl
  • es
  • gl

Asociarse á CEG

Unha oportunidade para facerte oír e defender os intereses empresariais.

  • Participación nos órganos de goberno e nas Comisións internas e Grupos de Traballo que conforman a CEG, para a defensa dos intereses empresariais.
  • A CEG está presente en máis de 100 órganos e consellos do sector público, e proporciona interlocución e diálogo coas distintas institucións, fomentando a defensa dos intereses dos nosos asociados.
  • A CEG é membro da CEOE e, á súa vez, participa nos órganos de goberno e en distintas comisións e grupos de traballo aos que traslada a opinión das organizacións empresariais de Galicia. Os nosos asociados poderán beneficiarse da gran relación que mantén a CEG co resto de Organizacións Empresariais que conforman a CEOE.

Asesoramento

  • Os distintos Departamentos da CEG ofrecen servizos de asesoramento nas distintas materias de interese empresarial.

Visibilidade e eventos

  • Utilización gratuíta das distintas salas de reunión da CEG por parte dos asociados.
  • Realización de eventos de interese empresarial e colaboración na difusión dos mesmos.

Proxectos

  • Participación por parte dos asociados nos Proxectos que desenvolva a CEG.

Informes e estudos

  • Acceso a documentación de interese, elaborada directamente ou en colaboración.