gl
  • es
  • gl
Home > ABANCA e a CEG mobilizan 725 millóns para impulsar a transición enerxética e tecnolóxica das empresas

ABANCA e a CEG mobilizan 725 millóns para impulsar a transición enerxética e tecnolóxica das empresas

ABANCA e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) referendan a súa colaboración e avanzan no compromiso co futuro económico da comunidade. As dúas entidades impulsan un novo acordo que pretende responder aos principais retos de empresas, pemes e autónomos de Galicia en materia enerxética e tecnolóxica, e faio desde este momento a través dunha liña especial de financiamento de ata 725 millóns de euros.

O novo acordo foi rubricado esta mañá polo director xeneral Comercial de ABANCA, Gabriel Gonzalez Eiroa, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, nun acto celebrado na sede da CEG en Santiago. Tras este encontro, ambos os representantes conversaron sobre as perspectivas das empresas, que están fortemente condicionadas pola situación xeopolítica. O novo acordo subscrito polas dúas entidades avanza en ofrecer solucións directas a situacións compartidas de maneira transversal polo tecido produtivo autonómico. O foco recae en apoiar a través dun financiamento flexible e especializado procesos como a modernización, a transformación e a mellora competitiva das corporacións nadas en Galicia.

O primeiro dos puntos que contempla esta inxección de crédito busca impulsar a transición enerxética, que permita ás empresas adoptar fontes de enerxías máis respectuosas co medioambiente, máis alcanzables en termos de custos e menos dependentes das fluctuaciones do mercado de materias primas. Ademais, búscase tamén que as empresas poidan dotarse de sistemas de almacenaxe de enerxía ante emerxencias, que lles permitan operar con autonomía ante interrupcións do servizo ou cando a xeración solar ou eólica non sexa posible.

Outro dos grandes capítulos que pretende dinamizar este acordo é a adopción da intelixencia artificial e o desenvolvemento da automatización de procesos na contorna empresarial, como potentes ferramentas para lograr unha mellora da produtividade. A implantación destas tecnoloxías está a supor unha rápida transformación en múltiples sectores e o tecido produtivo galego non é unha excepción. Con este acordo, as empresas poderán facer fronte aos investimentos necesarios para avanzar neste campo.

Grazas ao novo convenio, as empresas, pemes e autónomos galegos poderán adaptarse a normativas relevantes cuxa entrada en vigor está xa en marcha ou é inminente. É o caso de Veri*factu, que chegará finalmente ás empresas entre xaneiro e xullo de 2027, tras a prórroga aprobada o pasado ano, ou a normativa vixente en ciberseguridadNIS2.

?Desde ABANCA queremos liderar a transformación real das nosas empresas. E facémolo co total coñecemento do noso territorio e do seu tecido produtivo, xa que máis de 100.000 empresas en Galicia confían na nosa entidade. Os datos do primeiro trimestre volven avalar que somos un socio estratéxico para as empresas e por iso crecemos un 4,7% en crédito a este segmento de clientes, fronte a unha tendencia de estancamento do sector. O crédito total a empresas xa representa un 45% do total, novamente con aumentos respecto ao ano anterior?, explica Gabriel González Eiroa, director xeneral Comercial de ABANCA.

O presidente da CEG, Juan manuel Vieites, destacou que ?este convenio supón un paso adiante na xa sólida relación entre ABANCA e a Confederación de Empresarios de Galicia, consolidando unha alianza estratéxica clave para o desenvolvemento do tecido empresarial galego. A ampliación do volume de financiamento até os 725 millóns de euros reflicte non só a confianza mutua, senón tamén a firme aposta por acompañar ás nosas empresas nun momento de transformación profunda?.

Vieites subliña que ?o acceso ao financiamento é hoxe máis imprescindible que nunca para garantir a competitividade empresarial, especialmente en ámbitos críticos como a transición enerxética, a dixitalización, a intelixencia artificial, a automatización de procesos ou a ciberseguridad. Este convenio facilita que as empresas poidan abordar estes investimentos con mellores condicións, adaptándose ás novas esixencias regulatorias e do mercado?.

Así mesmo, engade que ?as novas liñas contempladas, como o impulso á intelixencia artificial, as solucións en ciberseguridad ou a adaptación a sistemas como Veri*factu, xunto co apoio a través de instrumentos como as liñas ICO, permiten dar unha resposta integral aos retos actuais de empresas e pemes. Non se trata só de financiar, senón de acompañar na modernización e na mellora estrutural do noso tecido produtivo?.

Finalmente, destaca que ?este acordo reforza unha relación histórica que segue evolucionando para dar respostas concretas ás necesidades reais das empresas galegas. A colaboración entre ABANCA e a CEG é un exemplo de como a cooperación institucional e financeira pode xerar un impacto positivo, sostido e tanxible na economía e na sociedade galega?.

Un programa de eventos formativos e divulgativos

O acordo tamén permite avanzar nun completo calendario de actividades divulgativas e formativas desenvolvidas conxuntamente por ABANCA e a CEG. Ambas as entidades traballan xa nunha axenda anual de eventos entre os que se atopan xornadas e foros empresariais, seminarios especializados, coloquios, encontros internacionais ou premios.

Ademais, o banco participará activamente nun cume empresarial entre Galicia e Cataluña que se celebrará a mediados de xuño en Barcelona e que estará coorganizada pola CEG. O obxectivo deste encontro será ampliar os lazos entre as dúas comunidades autónomas, que manteñen unha forte conexión en sectores como a automoción, o téxtil ou a alimentación e que son dúas dos motores exportadores do país.