A Xunta de Galicia asina coa CEG a “Alianza Galega polo Clima”
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ademais doutros axentes económicos e sociais de Galicia -as tres universidades galegas, as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol-San Cibrao, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Marín e tamén empresas como Abanca, Inditex, Hijos de Rivera, Coca-Cola, Peugeot-Citroën, Sogama e Ecoembes, entre outras-, únense na iniciativa “Alianza Galega polo Clima”, impulsada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de reducir na medida do posible o quecemento global.
Os compromisos adquiridos inclúen asumir as liñas estratéxicas que se marcarán anualmente, ademais de establecer accións dirixidas á mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre esta materia; promover e apoiar a investigación; ou impulsar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.
Consulta o documento da “Alianza Galega polo Clima”.

A CEG viaxa a Polonia para fortalecer os lazos coa rexión de Warmia e Masuria e cooperar na promoción do Camiño de Santiago
Leer mas
Contacta coa
CEG