A patronal galega lamenta o falecemento de Manuel Jove, empresario de referencia no sector inmobiliario galego
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) quere deixar constancia a través deste comunicado da profunda consternación polo falecemento, esta madrugada, de Manuel Jove -impulsor de grandes compañías como Fadesa e presidente, nestes momentos, do seu proxecto multilineal Inveravante -, e trasladar o seu máis sentido pésame e agarimo á súa familia e achegados. Jove, oriúndo da Coruña, foi un referente da construción, primeiro en Galicia, e máis tarde en España cando fundou Fadesa, unha inmobiliaria que se chegou a converter no maior grupo independente neste sector en España.
Ocupou o cargo de presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña – organización integrada na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)-, e era membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España. Na actualidade presidía Inveravante, que integra distintas liñas de negocio, desde a xestión hostaleira e do chan, ata investimentos financeiros e no sector da alimentación e enerxético e que está presente en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana e Romanía.
Na actualidade presidía Inveravante, que integra distintas liñas de negocio, desde a xestión hostaleira e do chan, ata investimentos financeiros e no sector da alimentación e enerxético e que está presente en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana e Romanía.
Pero o embaixador do ladrillo coruñés era, ademais dun gran defensor da súa cidade –da que nunca se foi-, un auténtico comprometido coa infancia e a inclusión. Proba diso foi a creación, en 2005, da Fundación María José Jove, a favor de ambas as causas, e por mor da morte da súa filla maior.

Aprobada por CEOE e Cepyme a última proposta presentada polo Ministerio de Trabajo para prorrogar os ERTEs
Leer mas
La Xunta de Galicia firma con la CEG la “Alianza Galega polo Clima”
Leer mas
Contacta coa
CEG