A patronal galega aplaude a flexibilización das condicións de acceso ao III Plan de Rescate para autónomos e pemes por parte da Xunta
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra a decisión adoptada pola Xunta de flexibilizar ao máximo, dentro das súas posibilidades, as condicións de acceso para que autónomos e pemes poidan acceder ás axudas do III Plan de Rescate para paliar os efectos da pandemia.
A organización empresarial galega concorda plenamente co Goberno autonómico nas dúas modificacións introducidas na convocatoria, como son a de ampliar o prazo de presentación de solicitudes dous meses máis, ata o 15 de setembro, e o de relaxar as esixencias relativas á caída no volume de facturación, pasando a fixarse no 30% para todas as actividades económicas, estean ou non incluídas no Anexo I do Real Decreto do Executivo que regula o plan.
Coa adopción destas dúas medidas, a CEG confía en que un maior número de empresas e autónomos poidan concorrer con éxito a estas axudas, tan necesarias para mitigar os efectos do coronavirus e apoiar a recuperación do tecido empresarial, máxime nun momento tan complicado como o que estamos a vivir.
O escaso volume de solicitude de axudas rexistradas ata o momento evidencia que as estritas condicións impostas para acceder a elas por parte do Ministerio de Facenda están totalmente fóra de lugar.
Así, e por unha banda, a excesiva carga burocrática esixida actúa de barreira para que as empresas e autónomos poidan tramitalas e conseguir a súa concesión final, e por outro, os fondos deste plan de axudas só pódense destinar a cubrir débedas contraídas ata antes do 31 de maio, polo que en moitos casos e dado que os potenciais beneficiarios liquidáronas con aforros propios non poden agora acreditalas.

El presidente de la CEG recibe la insignia de oro en el XIV Congreso Anual de las Personas Trabajadoras Autónomas
Leer mas
A CEG acolle o X Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal
Leer mas
Contacta coa
CEG