A CEG decide convocar Asamblea Electoral para o vindeiro día 24 de novembro
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) decidiu convocar Asemblea Xeral Electoral para o próximo día 24 de novembro para a elección á Presidencia á patronal galega e con este único asunto na orde do día. Tal e como rezan os Estatutos da organización, pódense presentar candidaturas ata o sétimo día anterior ao da elección.
Así se decidiu por unanimidade -do mesmo xeito que os demais acordos adoptados-, nas reunións dos órganos directivos da CEG celebradas esta mañá de forma telemática. Entre os asuntos tratados na orde do día figuraron as liñas de actuación para o Diálogo Social -con especial atención ás consecuencias derivadas da pandemia COVID-19-; e a
información sobre as contas da patronal galega.
Para a celebración da Asemblea Xeral Electoral e no que respecta a as propostas para a elección, unicamente poderán ser presentadas por organizacións integradas na mesma -confederacións provinciais ou asociacións sectoriais-, permitíndose a cada organización presentar unha soa candidatura. Ademais, o aspirante deberá ser membro da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia. Así o recollen os Estatutos da mesma.

A CEG asina un acordo con Plexus Tech para ofrecer un diagnóstico da situación dixital das empresas asociadas interesadas
Leer mas
La CEG presenta el Plan Estratégico de su Consejo Asesor “Galicia Avanza. Horizonte 2020-2030”
Leer mas
Contacta coa
CEG