gl
  • es
  • gl
Home > A CEG celebra a súa primeira asemblea xeral, logo da reelección do seu presidente

A CEG celebra a súa primeira asemblea xeral, logo da reelección do seu presidente

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou a súa primeira asemblea xeral, despois da reelección do seu presidente, Juan Manuel Vieites, no pasado mes de febreiro. 

Durante a mesma, aprobáronse as contas anuais do exercicio 2024 e o orzamento 2025. Tamén se presentou a memoria de actividades do ano pasado, facendo un repaso das principais reivindicacións da entidade e unha prospección de cara aos próximos meses.

O presidente da CEG subliñou que “a CEG é e será un actor clave na dinamización do crecemento económico en Galicia, trasladando as necesidades e demandas empresariais ante as administracións e ante a sociedade en xeral”.

Así mesmo, lembrou o papel esencial das empresas no diálogo social; na configuración das relacións laborais en Galicia e na negociación colectiva; na participación activa na elaboración das diferentes políticas públicas; na defensa e promoción da empresa; e na promoción do emprendimiento. 

Dende a CEG insisten en que os seus departamentos internos contribuiron tamén ao devandito posicionamento, dando soporte aos órganos de goberno e dinamizando o nove comisións internas, que, durante esta asemblea xeral, aprobaron ampliar a dez, coa Comisión de Hostalaría, Turismo e Comercio, e incorporar unha nova liña de traballo sobre autónomos. 

En canto ás relacións laborais, Vieites puxo o foco no incremento do SMI e a redución de xornada, “xa que orixinan un incremento de custos empresariais, e unha afectación grave ao sistema de relacións laborais, baseado no diálogo social e a negociación colectiva. As empresas teñen que facer fronte á escaseza de persoas traballadoras, as novas tecnoloxías e organización do traballo, a idade ou a xestión da prevención das regas emerxentes e factores psicosociais entre outros”. 

Por iso, advirte que “as medidas adoptadas desde o ámbito político, non contribuirán a medio e longo prazo a mellorar as condicións laborais das persoas se non se consegue mellorar a competitividade e a produtividade das empresas que deben facer fronte a ditas melloras”.

Incide en que o absentismo se converteu nun gravísimo problema en Galicia. “Somos a segunda rexión con maior duración media dos procesos de ITCC. Alcanzamos os 78,53 días, duplicando practicamente a media española. En 2024, en España 1.430.459 persoas non acudiron ao seu posto de traballo, cada día. Necesitamos reducir a duración media e a prevalencia dos procesos de IT nas empresas galegas. É necesario reforzar os mecanismos de control das baixas e a inspección médica, o papel das mutuas e as empresas na xestión, impulsar campañas de saúde e fomento de hábitos de vida saudables, promover a formación en xestión do absentismo e saúde laboral e realizar campañas de sensibilización sobre o impacto económico e social do absentismo”.

En canto ás reivindicacións empresariais, Vieites advirte que “só un 23,6% das empresas galegas son innovadoras, por tanto, é preciso que aumentar o investimento en I+D tanto pública como privada. O reto está en equilibrar a internacionalización, a innovación e a dixitalización”.

Para iso, considera imprescindible impulsar a presenza en áreas crave e diversificar mercados; habilitar ferramentas que promovan a actividade exterior das empresas; ampliar instrumentos ante os retos da transformación tecnolóxica e a dixitalización; identificar novos sectores onde as empresas galegas poidan ter vantaxes competitivas; e apoiar os investimentos en ciberseguridad, para tratar de frear o incremento exponencial de ataques ás empresas; así como apoiar a incorporación ordenada, produtiva e segura da IA nas empresas como factor de competitividade.

Así mesmo, repasou as principais necesidades e outros reclamos do empresariado galego nos diferentes sectores como mar, industria, vivenda, enerxía, infraestruturas; así como en materia de industrialización, fiscalidade, contratación pública e fondos europeos.

En referencia, especificamente, á situación comercial con Estados Unidos e a súa relación coa UE, explicou que “temos na nosa man fortalecer e dinamizar o noso mercado interior europeo: un mercado de máis de 500 millóns de persoas, pero no que aínda queda moito traballo por facer. Necesitamos máis Europa, e iso pasa por un maior compromiso dos estados que a compoñen. Temos que simplificar procedementos, harmonizar normativas, facer efectiva a libre circulación de persoas e servizos ou redefinir as axudas de estado que nos permitan competir a nivel global, entre outras medidas. En definitiva, temos tamén dende Galicia que estar preparados para competir no mercado interior e aproveitar as novas oportunidades que se nos brinden tanto en Europa como no resto do mundo. Nese obxectivo atoparannos traballando desde a CEG: coas empresas, impulsando o futuro de Galicia”.

Na clausura da asemblea xeral da CEG participaron a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.