gl
  • es
  • gl
Home > A CEG apela a converter o talento en oportunidade: os datos revelan un claro liderado femenino na creación de novas empresas en Galicia

A CEG apela a converter o talento en oportunidade: os datos revelan un claro liderado femenino na creación de novas empresas en Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou, co patrocinio de ABANCA, a primeira edición de “Voces que inspiran”, un encontro nado cun propósito claro: facer balance do 2025 e proxectar solucións e estratexias para 2026, nun contexto no que a innovación, a transformación dixital, a intelixencia artificial e a sostibilidade humana e empresarial convertéronse en temas esenciais para as nosas organizacións.

O evento desenvolveuse nunha única mesa redonda de formato áxil e aberto ao coloquio, onde líderes empresariais, referentes sectoriais e voces emerxentes foron entrevistadas: Sara Rodríguez Gude, presidenta de Hermasa Canning Technology; Olalla Cuíña Gómez, enxeñeira industrial e presidenta do grupo Inasus-Metaldeza-Eliper; Mercedes Toscano Varela, cofundadora e CFO de Minimelis; Carmen Costas, presidenta de Executivas de Galicia; e Isabel Álvarez, vogal da Xunta Directiva de Empresarias Galicia e socia-directora de DPI Estratexia. A directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, foi a moderadora desta conversación viva, na que se abordaron cuestións cruciais como o papel da intelixencia artificial, o liderado feminino, a competitividade e os novos retos para 2026. Durante a inauguración tamén participou directora de Negocio de Next Generation de Abanca, Mónica Gondar.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, aproveitou este foro para facer referencia ao informe GEM Galicia, presentado fai tan só uns días. Lembrou que a Taxa de Actividade Emprendedora (TEA) feminina situouse en 6,7 % en 2022, claramente por encima da media xeral e do masculino, que se estancó en torno ao 4 %. “Os datos do GEM Galicia revelan que o emprendimiento feminino revelan un claro liderado de mulleres na creación de novas empresas en Galicia, un feito estrutural, non puntual. Pero ese empuxe necesita unha contorna favorable: políticas públicas decididas e un cambio cultural profundo”.

Vieites apelou “a converter a o talento en oportunidade. Así, non só estaremos a abrir portas, senón construíndo camiños para un modelo empresarial galego máis xusto, máis diverso, máis resiliente”.

Propostas estratéxicas

• Visibilidade e apoio explícito ao emprendimiento feminino: desde organizacións empresariais e desde a administración pública, lanzar programas de mentoría, axudas directas, acompañamento en fases temperás, formación -como xa fai a administración autonómica (por exemplo, os polos de emprendemento e apoio ao emprego)-

• Eliminar barreiras estruturais: facilitar o acceso a financiamento, simplificar trámites, evitar sobrerregulación, favorecer a economía social e cooperativa como opcións viables. Estas medidas reducen o risco para quen emprende, algo especialmente relevante para mulleres, que -segundo datos do GEM- valoran menos a procura de altos ingresos que a “vocación de achegar” ou “marcar unha diferenza”.

• Promover a diversidade nos sectores estratéxicos -mesmo en tecnoloxía e innovación: aínda que o emprendimiento está a crecer, en moitos sectores (tecnoloxía, IA, dixitalización) segue existindo unha brecha de xénero na representación. Fomentar a formación, incentivar a presenza feminina en STEM, e garantir igualdade de oportunidades nestes ámbitos é clave para unha Galicia competitiva.

• Construír referentes visibles, que a súa voz non sexa a excepción, senón parte dun repertorio amplo que inspire a novas xeracións. Unha Galicia moderna necesita que cada vez máis mulleres digan “sí” a emprender, a liderar, a innovar.

• Apostar pola flexibilidade tanto empresarial como das persoas traballadoras.  

Vieites tamén falou de conciliación, asegurando que “o empresariado demanda -e con razón- que as nosas políticas internas e o noso modelo de xestión recoñezan que a vida persoal e familiar debe poder convivir coa vocación profesional, sen que unha ou outra se convertan nun freo.

Neste sentido, sinala que “para Galicia incorporar a máis mulleres con talento en postos de decisión e emprendimiento amplía a diversidade, xera novas ideas, mirada distinta, e impulsa un desenvolvemento máis equilibrado e máis intelixente”.