A CEG analiza as posibilidades de negocio e as oportunidades comerciais en Santo Domingo coa alcaldesa da cidade, Rosa Mejía
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo un encontro coa alcaldesa de Santo Domingo, Rosa Carolina Mejía, para analizar as posibilidades de negocio e as oportunidades comerciais entre ambas as dúas rexións.
Rosa Carolina Mejía agradeceu a xentileza do recibimento por parte a CEG e a organización deste encontro. Animou ás empresas galegas a investir e buscar novas oportunidades, tanto na cidade de Santo Domingo como no conxunto da República Dominicana e mostrou disposición tanto do Distrito como do Estado a escoitar á Confederación e a estudar aquelas iniciativas empresariais ou proxectos que puidesen xurdir entre ambas as rexións.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, sinalou que “o nivel de negocios de empresas españolas e galegas en Santo Domingo, na República Dominicana é bastante significativo, con varias empresas establecidas na rexión. No informe da firma británica Oxford Economics prognostícase que no período 2019-2035 Santo Domingo terá un desempeño produtivo alto, sendo a cidade de máis rápido crecemento económico en Latinoamérica cunha taxa media anual do 4.9%”.
O ingreso per cápita anual en Santo Domingo promediaba 3,993.0 dólares. Para o período de xaneiro 2024, o 62.41 % das importacións nacionais corresponden a contribuíntes cuxo domicilio fiscal está rexistrado no Distrito Nacional. Séguenlle as provincias de Santo Domingo e Santiago cunha participación de 14.75 % e 6.18 % respectivamente. De maneira acumulada, o 85.59 % das importacións nacionais concéntrase en 5 provincias, mentres que o resto das provincias representan o 14.41 %. O 92.88 % das importacións ingresaron por vía marítima, o 7.10 % por vía aérea, mentres que o restante 0.01 % por vía terrestre.
Vieites explicou que “as oportunidades que nos brinda o mercado dominicano ás empresas galegas son en áreas con potencial como o turismo, a alimentación e os produtos agrícolas; as enerxías renovables; a construción e as infraestruturas; a tecnoloxía e as telecomunicacións e a exportación de produtos galegos. Promover produtos galegos únicos como mariscos, viños e produtos gourmet no mercado dominicano pode ser unha oportunidade”.
Ademais subliñou que “hai que pór en valor o crecemento das exportacións nun país no que venden máis de 250 empresas galegas, que superaron os 49 millóns de euros o último ano. Para calquera empresa, pequena, mediana e grande, é importante realizar unha análise de mercado e establecer contactos locais para aproveitar as oportunidades que xorden para expandirse a mercados internacionais, de maneira efectiva. É aí onde a CEG pode axudarlles”.
As cifras das relacións de negocios entre a República Dominicana e Galicia indican que o total exportado polas empresas galegas, de acordo co directorio de Cámaras coa AEAT, en 2021 foi de 34.921.330 € e en 2023 de 36.782.810 €, o cal supón un incremento do 5,3%. Os sectores que máis exportan ao país latino son téxtil; alimentación, como conservas ou viño; cerámica, granito, madeira; sector automobilístico, etc.
España ocupa o 5º lugar entre os subministradores mundiais do país e o 1º entre os europeos: 5.444 exportadores con 1.205 superando 50.000 € anuais.
Entre os sectores que concentran o investimento procedente de España destaca o turismo, que supón o 57% da nosa IDE no devandito país. En República Dominicana hai establecidas 24 cadeas hostaleiras españolas, que reúnen o 56% da oferta turística dominicana. No período xaneiro-agosto de 2022, rexistráronse un total de 124.580 turistas procedentes de España. En 2022, as remesas entre xaneiro e agosto alcanzaron os 6.518,8 MUSD.
A cota de mercado española en bens rolda o 4% do mercado se se fai abstracción dos crus e materias primas, e a cobertura está en 400%.
Ademais, España ocupa o 5º lugar entre os subministradores mundiais do país e o primeiro entre os europeos. Para España, a R.D é o 59º cliente e o 95º provedor. As nosas vendas están bastante repartidas: 5.444 exportadores, con 1.205 superando 50,000 € anuais.

CEOE aprueba por unanimidad la prórroga de los ERTE hasta el 31 de mayo
Leer mas
Juan Manuel Vieites manten un encontro con representantes da Xunta Directiva de DIRCOM Galicia
Leer mas
Contacta coa
CEG