A CEG alerta dun posible desmantelamento dos servizos ferroviarios que operan en Galicia
Desde a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) queremos alertar dun posible desmantelamento dos servizos ferroviarios que operan en Galicia. A diminución de frecuencias fixada por Renfe tras o comezo da crise sanitaria afectou –e segue afectando– principalmente os trens de media distancia, que son os que máis usan as persoas para ir traballar, tendo que cambiar o uso habitual deste medio de transporte polo vehículo privado por estrada, cos consecuentes incrementos de prezo e de tempo.
Está fóra de toda dubida que a situación xerada polo coronavirus non pode ser unha escusa para reducir os servizos de transporte de tren aos galegos, e o feito de que se trate dun servizo público –pago cos impostos de todos-, debe predominar por encima de toda consideración económica.
Tememos que os recortes pasen a ser definitivos pola crise sanitaria, e que obviamente contribúan a facer máis grande a brecha na comunicación do noroeste peninsular. Por todo iso, solicitamos o pronto restablecemento dos devanditos servizos que axuden a normalizar e a facilitar o desprazamento dentro do noso territorio e en conexión co resto do Estado.

La CEG se adhiere a la iniciativa #MovilizaciónPorElEmpleo del Grupo Adecco
Leer mas
O sector do xogo privado presencial de Galicia analiza a súa situación de inquedanza co presidente da CEG
Leer mas
Continúa el ciclo de jornadas para conmemorar el 30º aniversario de la integración del Mercado Único Europeo
Leer mas
Contacta coa
CEG