A CEG achega ás empresas, en Mindtech Vigo, o labor dos seus distintos servizos
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) estivo presente como expositor nunha das feiras industriais de referencia: MindtechVigo, coa intención de dar a coñecer o seu labor en apoio ao tecido empresarial galego.
Mantiveron diversas reunións e achegado a distintas empresas os servizos gratuítos que ofrece a CEG, como membro da rede Enterprise Europe Network e outros proxectos estratéxicos nos que participan para impulsar a competitividade das empresas galegas.
Así mesmo, dentro do espazo “Speakers’ Corner” da feira, onde se presentan as últimas novidades de empresas punteiras, a través de relatorios, charlas, etc., levouse a cabo a presentación “Bid4tenders e SALT: Roadshow”, sobre contratación pública en Norte de Portugal-Galicia e no ámbito dos organismos multilaterais.
Durante esta sesión, a CEG, deu a coñecer os proxectos Bid4tenders e SALT, centrados en impulsar a participación das empresas en procesos de contratación pública, tanto a nivel local como internacional. Explicaron os obxectivos principais de cada iniciativa e os servizos que ofrecen para apoiar ás pemes no acceso a licitacións, formación especializada e asesoramento estratéxico.





Por outra banda, a CEG aproveitou a oportunidade que brinda Mindtech para achegar ás empresas o labor do seu Gabinete Técnico de Igualdade, dando a coñecer, ás pemes, a axuda que brindan para cumprir coa normativa en materia de igualdade no ámbito laboral e a coñecer os seus beneficios.

A CEG celebra a súa primeira asemblea xeral, logo da reelección do seu presidente
Leer mas
Contacta coa
CEG