Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.
Capítulo I: Nunca choveu que non escampara.
Capítulo II: Outra vaca no millo.
Capítulo III. Nin arre nin xo.
Capítulo IV. Malo será.
Capítulo V. Estar na horta e non ver as verzas.
Capítulo VI. Galiña vella fai bo caldo.
Neste capítulo, seguimos a voltas co caldo, cunha expresión que é un verdadeiro berro contra o idadismo á vez que un brinde á experiencia.
A cultura galega outorga moito valor ás persoas maiores: son sabias, veteranas, pacientes; un exemplo a seguir, un espello onde mirarse.
En resumo: valiosas.
En todos os ámbitos.
Tamén no laboral.
Teñámolo en conta, porque as cifran “cantan”: o desemprego castiga máis ás persoas a partir dos 50 anos. E, se son mulleres, os números empeoran.
Dito queda.
Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
[email protected]
981 555 888