Refraneiro galego VII: Tarde piaches!

Refraneiro galego VII: Tarde piaches!

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo. 
Cap. III. Nin arre nin xo.    Cap. IV. Malo será. 
Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!

•    No  dicionario galego, figura esta frase co significado de que alguén se decidiu demasiado tarde por algo (nun momento que non ten volta atrás, cando xa non é posible acadalo)

•    No dicionario castelán, figura:
    a versión mais estendida da orixe de esta expresión (tragar un ovo “empollado”, que xa ten un pitiño, un paxariño dentro), que conleva a imposibilidade de volver atrás.
    outro matiz de significado: non atoparse a tempo do que sexa (como alternativa a chegar tarde).

A expresión “tarde piaches” (ou a súa variante mais longa “tarde piaches pito serodio”) úsase cando alguén se lembrou tarde dalgunha cousa e xa non ten posibilidades de conseguir o que se propoñía. 

Tamén se utiliza cando unha queixa, unha reclamación, unha xustificación son tardías (de aí “serodio”), de xeito que resulta practicamente imposible atendelas, porque non se está a tempo de facer cambios (sería o equivalente a facer ou dicir algo “a toro pasado”).

Dito en castelán, é un “chegas tarde” con maiúsculas.

Ai!,  pero se cho din en galego, aprende se queres para outra vez (e non insistas), porque a posibilidade de reclamación ou queixa é inexistente.

E como estamos no “apartado” de igualdade, avisamos:  O recoñecemento da igualdade de talento, dereitos e oportunidades entre homes e mulleres (e, por extensión, de calquera persoa), é imparable; institucións, clase política, organizacións, entidades (todas cheas de mulleres e de homes), xa se sumaron ao carro da igualdade.
Porque ademais de necesario, é de xustiza.

Se non queres que a ti che digan “Tarde piaches!” porque perdiches talento, porque non es quen de atraelo, porque a túa organización non está á altura... súmate. 

Xa!!

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete Técnico de  Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
[email protected]
981 555 888 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiación
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.