Actualidade

  • A CEG considera que a decisión do Tribunal Constitucional, validando a Lei Galega do Litoral, fortalece a autonomía de Galicia na xestión costeira
    A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) afirma que a decisión do Tribunal Constitucional (TC), que validou unanimemente a Lei do Litoral de Galicia, rexeitando o recurso presentado polo Goberno central, "marca un cambio respecto da suspensión parcial previa da lexislación. Esta decisión fortalece a autonomía de Galicia na xestión costeira, indicando un equilibrio entre poderes estatais e rexionais".
  • A CEG mostra o compromiso das empresas galegas na reconstrución de Ucraína 
    A entidade empresarial ha explorado coa Embaixada de Ucraína, empresarios do país e coa colaboración da Fundación Europeos con Ucraína as posibilidades de intercambio comercial entre ambas as zonas na xornada "Oportunidades de intercambios comerciais con Ucraína". O embaixador ucraíno, Serhii Pohoreltsev, afirmou que "os danos no noso país son enormes e medran debido aos novos ataques. En todas as esferas hai lugar para desenvolver a economía do país, é moi importante dar a información de como entrar no mercado de Ucraína. Hai fondos e un volume de proxectos de ao redor de 400.000 millóns de euros, unha gran oportunidade para as empresas de Galicia e de España".
  • A CEG analiza as posibilidades de negocio e as oportunidades comerciais en Santo Domingo coa alcaldesa da cidade, Rosa Mejía
    Rosa Carolina Mejía animou ás empresas galegas a investir e buscar novas oportunidades, tanto na cidade de Santo Domingo como no conxunto da República Dominicana e mostrou disposición tanto do Distrito como do Estado a escoitar á Confederación e a estudar aquelas iniciativas empresariais ou proxectos que puidesen xurdir entre ambas as rexións. 
  • A CEG acolle o X Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal
    As redes de información europea presentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal reúnense anualmente dende o ano 2014. Durante esta xornada, os participantes intercambiaron información e presentaron algunhas das mellores prácticas e resultados obtidos o pasado ano. Tamén buscaron solucións a cuestións comúns que afectan a todas as redes.
  • La CEG se reúne con el presidente de CEOE y analiza el escenario actual y las perspectivas para los próximos meses
    Vieites comparte a súa preocupación polos obstáculos ao desenvolvemento de proxectos industriais estratéxicos que poden comprometer o desenvolvemento industrial de Galicia. Pon en valor a unidade empresarial e o papel das empresas "Debemos reivindicar sempre o papel das empresas, que son a solución, non son o problema: todos debemos interiorizar e trasladar esa realidade". Garamendi incide en que "para que despeguen os investimentos necesitamos un clima político e institucional favorable á empresa e ao desenvolvemento económico".  A reunión desenvolveuse en Santiago de Compostela, co patrocinio do Banco Sabadell, e contou coa presenza da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.
  • XORNADA CEG & IBERDROLA. "Mobilidade sustentable: a electrificación do transporte".
    A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza, en Santiago de Compostela, unha xornada, co patrocinio de Iberdrola, baixo o título "Mobilidade sustentable: A electrificación do transporte", onde se abordaron a descarbonización do transporte; as perspectivas de futuro no transporte por estrada e as claves para a mobilidade sustentable en áreas urbanas.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.